Ruta: As Catedrais
Unha camiñada pola praia das Catedrais.
Un percorrido polas praias das Catedrais e arredores, na costa da Mariña luguesa.Un dos puntos de destino máis emblemáticos e coñecidos da costa galega que resulta atractivo en calquera época do ano. No verán podemos aproveitar a calidade e a finura da area da súa praia, no inverno podemos gozar do espectáculo de auga e escuma que provoca o bater do mar contra os cantís e en calquera tempo gozar da paisaxe, dos amplos horizontes e da variedade de formas que o traballo do mar, escultor incansable, foi quen de crear nas rochas. E, se somos máis esixentes e observadores percorrer cada recuncho e admirar os milleiros de detalles que cada un deles ofrece e a vida que se instala neles.