Ruta: Areal do Serrido (Cambados)
Un percorrido pola intermareal do areal do serrido, en Cambados
O tramo final do esteiro do Umia é un inmenso areal que queda ao descuberto ao debalar o mar. Un fermoso lugar para dar un longo paseo e gozar da singularidade do entorno, da experiencia de ver o traballo das mariscadoras e da observación de diferentes especies de limícolas, anátidas, corvos mariños, garzas e gaivotas, especialmente nos pasos migratorios de outono e primavera. Ademais da flora e fauna propias dos espazos intermareais.Tendo como punto de partida e referencia visual a torre de San Sadurniño, pódense facer quilómetros, camiñando sen rumbo fixo, ata as proximidades da illa da Toxa, da que nos separa unha canle non moi ampla, pero de forte corrente, perigosa; ao río Umia, no que podemos darnos un baño, e os sebais da Illeira.