Exposición. As montañas galegas (14)
Gozando da montaña
Para moitas persoas, amantes da natureza, unha das maiores satisfaccións é facer sendeirismo polas serras, internarse nas fragas e acadar os cumes, que son case sempre zonas onde se divisa unha gran área de paisaxe. Despois dun gran esforzo e dunha longa camiñada, non hai mellor sensación que a de sentarse nun cume e contemplar a paisaxe desde as alturas.