Exposición. As mareas negras (7)
Efectos das mareas negras (1)
Os efectos dunha marea negra dependen do tipo de verquido, da cantidade liberada, da dinámica do mar e da distancia á costa, pero sempre crean unha capa case impermeable entre a auga e atmosfera que impide o intercambio de gases auga-aire, que fai diminuír a cantidade de osíxeno disolto e dificulta a respiración dos seres, así como a penetración da luz, o que imposibilita a fotosíntese dos vexetais.