Exposición: A auga é vida (14)
A auga na cultura galega
Moitas historias, contos e lendas teñen relación coa auga. Quizáis o fundamento deste feito radique na importancia vital que ten a auga para nós. Mares, lagos e lagoas, ríos, regos, fontes, pozos ... son lugares cos que moita xente ten unha relación “máxica”. Nas costas fálase de mar embravecida, de cidades asolagadas por temporais, afundimentos e meigallos; réndese homenaxe ao mar, fonte de riqueza e desgraza ao mesmo tempo. Nas zonas de interior destaca a existencia de fontes miragreiras e lagoas encantadas (onde hai máis de un tesouro ou cidade afundida).