motores a reacción
Motores a reacción
O motor a reacción está formado por series alternas de álabes rotatorios e fixos (unidos a unha árbore motora central) a través dos que circula o fluído impulsor (aire). No turboreactor o aire aspirado e comprimido na parte de diante do motor é inxectado nas cámaras de combustión onde se mestura co queroseno que arde; os gases resultantes, quentes, pasan a través do conxunto de álabes da turbina, da parte de atrás do motor, para sair a gran velocidade producindo o empuxe que impulsa o aparello. No turbohélice uns álabes de turbina adicionais extraen enerxía extra dos gases de escape e convértena en enerxía rotacional para mover unha hélice que contribúe a aumentar o impulso. O turboventilador (que se emprega en avións de maior tamaño) ten un gran ventilador na toma de aire que o canaliza arredor do exterior da cámara de compresión, proporcionando case o 75% do empuxe total do motor