Enerxía xeotérmica
Enerxía xeotérmica
Unha explotación xeotérmica componse basicamente de dúas perforacións coas súas correspondentes bombas (unha para extraer a auga e outra para devolvela) e un intercambiador de calor. O fluído xeotérmico pasa polo intercambiador e cede unha parte da súa calor a un segundo fluído para o seu uso nos centros de consumo.