Serra do Laboreiro
Cumes no LIC e parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés e no Parque Nacional da Peneda-Gerês
A serra do Laboreiro forma un arco con orientación NO-S ao longo da fronteira (coñecida como Raia Seca) entre Galiza e Portugal; desde o val do río Barxas ou Troncoso (onde cae cara ao Miño), ata o río Castro Laboreiro (Limia). Ocupa terreos dos concellos de Padrenda, Quintela de Leirado, Verea, Bande, Lobeira Lobios e Entrimo (Ourense); e Melgaço (Portugal). É unha serra que acolle importantes valores ecolóxicos, etnográficos e arqueolóxicos.