Serra da Groba
Serra da Groba (Baiona, Oia, A Guarda, O Rosal, Tomiño, Gondomar.)
A serra ga Groba é unha cadea de montañas de granito de dúas micas que se estende desde a Ría de Baiona ata A Guarda, paralela á costa, cara á que cae bruscamente. A parte superior está aplanada pola erosión. O tramo entre Oia e A Guarda coñécese tamén como MONTES DA VALGA e o último tramo é O TORROSO.