Serra da Enciña da Lastra
Situada ao nordeste da provincia de Ourense, no linde con León, compartida entre as comarcas de Valdeorras e O Bierzo.
É unha cadea de montañas calcárias que discorre perpendicularmente ao río Sil e separa os vales do Galir e o Selmo. O Pico máis elevado é o Tara (1.112 m). No seu extremo oeste destaca a formación de picos coñecidos como “Penedos de Oulego”: Pena Tallada, Penouco Grande, Penouco Pequeno, A Petada...
É unha serra que acolle importantes valores paisaxísticos, xeolóxicos e biolóxicos.