O Castrove
Serra do Castrove (Pontevedra)
O Castrove é unha pequena serra con orientación NE-SO, situada entre as rías de Arousa e Pontevedra. Esténdese por terreos dos concellos de Barro e Poio, polo Leste; e Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo, polo oeste. Cae na ría de Pontevedra, en Raxó, no Costado dos Bois.