A Dorsal Galega
Serras da Faladoira, Montouto, A Loba, Farelo, O Faro, Martiñá, Candán, Cando, O Suído Faro de Avión, Paradanta...
É unha cadea montañosa de 210 km de lonxitude que se estende de norte a sur, desde Estaca de Bares ao Miño, na raia con Portugal. Marca a linde entre as provincias de A Coruña e Pontevedra (ao oeste) coas de Lugo e Ourense (ao leste). É un bloque que se elevou a finais do Período Terciario sobre montañas anteriores moi erosionadas.