Os Ecosistemas
Os Ecosistemas: elementos, relacións...
Dinámica, relacións entre especies e especies-medio. Os ecosistemas son a comunidade que forman os seres vivos e o espazo onde viven e se relacionan. Son sistemas organizados que teñen un equilibrio estable, mantéñense en funcionamento, sen intervención allea. Son unha unidade formada por partes relacionadas de tal xeito que a modificación de un dos seus compoñentes implica, necesariamente, a alteración de todos os demais.