Fontes, pozos, lavadoiros (A auga na cultura galega)
Fontes, pozos, lavadoiros
Os lugares onde abrolla a auga (illós, ínsuas, pozas, lameiros, fontes, mananciais…) foron sempre moi buscados por ser puntos de referencia para o asentamento das persoas e as súas actividades, e por eso foron sempre coidados e respectados. Para mellorar o su rendemento e facilitar o seu aproveitamento realízanse obras nas que a pedra ten un protagonismo especial.