Comarca Baixo Miño
CONCELLOS: A Guarda, Oia, O Rosal, Tomiño e Tui
O BAIXO MIÑO ocupa o extremo SO da provincia de Pontevedra, entre o río Miño e o mar. O territorio ten inclinación N-S, entre as estribacións cara ao leste da serra da Groba e as estribacións cara ao oeste da serra do Galiñeiro, e o río Miño. Está formado polos vales polos que baixan os últimos afluentes do Miño, todos eles de curto percorrido.
Pódense distinguir, a nivel paisaxístico, tres zonas: a costa, rectilinea, rochosa, sen apenas abrigos e batida constantemente polo mar; a montaña, unha sucesión de cumes achairados que ocupan o norte e o oeste; e os vales nos que se desenvolve unha intensa actividade agrícola.
É unha comarca con importantes valores históricos, etnográficos, paisaxísticos e ecolóxicos.