Comarca: Xallas
CONCELLOS: Santa Comba e Mazaricos
É unha comarca interior que abrangue case a totalidade da cunca do río Xallas agás o tramo pola dereita entre o encoro da Fervenza e a desembocadura.
O territorio, amesetado con grandes superficies achairadas, está rodeado por serras e montes que superan en pouco os 500 m.
É unha comarca cun grande valor paisaxístico e ecolóxico.