Comarca: Verín
Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Verín e Vilardevós.
A comarca de Verín está situada no sur da provincia de Ourense, no linde con Portugal. O centro está ocupado pola depresión de Monterrei ou de Verín, unha foxa tectónica rodeada de montañas que segue unha inclinación lixeira de norte a sur, e atravesada polo río Támega e os seus afluentes. As maiores alturas atópanse ao norte, nas serras do Macizo Central.
Acolle zonas de gran interese natural.