Comarca: Terra de Soneira
CONCELLOS: Camariñas, Vimianzo e Zas
A Terra de Soneira ten unha gran diversidade paisaxística: costa exposta e recortada (costa da Morte) costa protexida (Ría de Camariñas) vales fluviais (Val de Soneira -cunca do río Grande-, curso alto do río Castro e encoro da Fervenza no Xallas) e pequenas serras( Serra da Pena Forcada, serra de Santiago, Faro da Fontefría, estribacións de Buxantes e montes de Santa Bárbara ) que sen chegar aos cincocentos m de altura ondulan a paisaxe, enriquécenna e súrtena, segundo a súa estrutura e composición, de atractivas formas.