Comarca: O Carballiño/O Arenteiro
CONCELLOS: Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.
A comarca coñecida como O Arenteiro ou O Carballiño está situada ao noroeste da provincia de Ourense, lindando coas de Pontevedra e Lugo. O territorio é moi irregular e está intensamente fracturado. Sitúase entre as serras da dorsal (Candán, Testeiro e Faro) coas súas estribacións cara ao sur e leste (Martiñá, Montes do Paraño) e os vales do Miño e os seus afluentes; Avia, do que colle a metade norte da cunca cos ríos Doade, Viñao e Arenteiro, e Barbantiño, do que colle a metade oeste. É unha comarca dunha grande riqueza natural, asociada aos vales dos ríos e á montaña.