A auga na cultura galega: auga e arte
Construccións e obxectos artísticos relacionados coa auga
Da importancia da auga en Galicia dan mostra a calidade das obras que se fan para conducila, almacenala ou protexernos dela. O bo facer dos canteiros deixou múltiples mostras de construcións e estruturas para o aproveitamento ou condución da auga, desde un humilde picho ou baixante ata a fontes mais decoradas das cidades e mosteiros. Desde as obras anónimas dos artesáns ata os deseños dos artistas universais.