A agricultura
Características, tipos, cultivos máis importantes...
A agricultura é “a arte de cultivar a terra”. O traballo que se fai para favorecer o desenvolvemento das plantas útiles, aquelas que poidan servir como alimento ou para outros usos. A agricultura transforma o medio natural para facelo máis apto para o desenvolvemento dos vexetais escollidos polas persoas.