Parque Natural Lago de Sanabria
Lago de Sanabria e arredores (Zamora)
Situado no noroeste da provincia de Zamora, nas abas do Macizo de Trevinca, en territorio dos concellos de Galende, Trefacio, Cobreros e Porto. Abrangue o lago de Sanabria e as áreas de media e alta montaña das serras Segundeira e Cabreira. Acolle unha rica flora e fauna e áreas de interese xeolóxico.