Espazos Naturais: Ulla-Deza
LIC Ulla-Deza
Abrangue o curso do Ulla desde Arzúa ata a desembocadura e parte do curso de varios afluentes: Deza, Liñares, Vea, Pereiro, Santa Lucía e Sar. É unha zona de gran interese xeolóxico e biolóxico. Os ecosistemas máis relevantes son o esteiro e marismas da desembocadura e os bosques de ribeira.