Espazos Naturais: Fraga de Catasós
Monumento Natural Fraga da Catasós
Chamada tamén Carballeira de Quiroga. É un bosque mixto cunha extensión de 4,5 ha situado en Santiago de Catasós (Lalín). O maior interese deste espazo reside no gran valor biolóxico dos castiñeiros que teñen o fuste máis alto de Europa (algúns sobrepasan os 30 m de altura). Foron considerados únicos pola FAO en 1954.