Vilanova da Arousa, A Costa
Litoral do concello de Vilanova da Arousa
O concello de Vilanova da Arousa está situado no interior da ría de Arousa fronte á illa da Arousa. Ten unha costa baixa e abrigada que alterna áreas rochosas con areais e esteiros. Acolle ricos ecosistemas mariños que son base dunha importante actividade marisqueira, e praias que se empregan como lugares de lecer. A principal actividade é o marisqueo, o cultivo de mexillón e os servizos.