Vilaboa, a costa
Litoral do concello de Vilaboa
O Concello de Vilaboa está situado na marxe dereita (oeste) da ría de Vigo. O litoral forma parte do Seo de San Simón e exténdese desde a punta do Aradoiro (no linde con Moaña) ata a desembocadura do río Ulló (linde con Pontevedra).
É unha costa abrigada que alterna rochedos de pouca altura con areais e seos nos que desembocan pequenos regos que nacen nos montes do Morrazo. As principais actividades son o marisqueo, a acuicultura, os servizos e a industria (estaleiros, conserveiras...).