Sanxenxo, A Costa
Litoral do concello de Sanxenxo
O concello de Sanxenxo está situado entre as rías de Arousa e Pontevedra. Conta con 36 km de costa, moi recortada e variada, con seos, cantís e praias expostas e protexidas.
As actividades máis importantes do concello son a pesca, o turismo e o cultivo da vide. O principal núcleo pesqueiro é a vila de Portonovo. É un concello cun enorme patrimonio natural e cultural.