Ribeira, A Costa
Litoral do concello de Ribeira
O concello de Ribeira Ocupa o extremo suroeste da península do Barbanza, no final das rías de Arousa, e de Muros e Noia e as costas abertas de Corrubedo. O Territorio repártese entre as últimas estribacións da serra do Barbanza (Os Forcados, con 618 m; San Arberte, con 215 m e O Castro, con 209 m) e unha ampla chaira litoral. A costa é moi recortada e variada con numerosas praias, coídos, cantís, illas, illotes, lagoas litorais e pequenos seos. É unha zona de amplas e fermosas paisaxes que acolle hábitats mariños e terrestres dun enorme valor ambiental.