Rianxo, A Costa
Litoral do concello de Rianxo
A costa de Rianxo atópase na banda norte da Ría de Arousa e abrangue parte do esteiro do Ulla. É unha costa pouco exposta, con numerosos abrigos, seos e esteiros que alterna pequenas praias e rochedos de pouca altura nas que se forman hábitats de grande interese biolóxico. É un litoral de enorme interese económico, paisaxístico e cultural.