O Grove, A Costa
Litoral do concello de O Grove
O concello do Grove ocupa a península que pecha a ría de Arousa polo sur, unido a terra polo istmo areoso da Lanzada. Nos seus 41,5 km de costa ao interior e o exterior da ría, hai unha sucesión de praias e areais con cantís e rochedos e numerosos illotes e illas (a maior é a da Toxa).
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, a acuicultura e o turismo. Hai algunhas industrias relacionadas co mar. É un concello de grandes valores naturais e culturais, cunha grande parte da súa costa protexida.