Nigrán, a costa
Litoral do concello de Nigrán
O concello de Nigrán está situado no extremo sur da ría de Vigo. O litoral é un espazo formado por dous amplos seos, que acollen no seu fondo extensos areais, os promontorios que os limitan, e a beira norte do esteiro do río Miñor; en conxunto unha zona case chan a non ser nos perímetros de Monteferro, onde hai cantís de máis de 50 m, do monte Lourido e as beiras rochosas das illas Estelas.
As principais actividades son a industria, os servizos, o marisqueo e pesca.