Muros, A Costa
Litoral do concello de Muros
O concello de Muros está situado no norte da ría de Muros e Noia, cunha costa que alterna áreas protexidas do interior da ría -na que abondan os areais, os esteiros e as enseadas con amplas zonas rochosas de pouca altura- e zonas expostas no mar aberto con rochedos e areais. É un concello que combina un grande atractivo natural cun importante patrimonio etnográfico e histórico-artístico. As principais actividades son a pesca e os seus derivados, e o turismo.