Meaño, A Costa
Litoral do concello de Meaño
O concello de Meaño ten un pequeno tramo de litoral (1,4 km), na parroquia de Dena, que fai parte do Seo do Umia (espazo protexido), na ría da Arousa. Esténdese entre o rego do Francón, compartido co concello de Cambados, e a desembocadura do rego Trilleiro, linde co concello de Sanxenxo. O elemento máis destacado é o río da Chanca e o esteiro da súa desembocadura.