Marín, A Costa
Litoral do concello de Marín
O concello de Marín está situado na zona central a península do Morrazo, na banda sur da ría de Pontevedra. Conta con 10 km de costa que limitan o concello polo noroeste e na que alternan seos, praias e cantís.
As principais actividades son as pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar. Na cidade de Marín atópase un importante porto pesqueiro e comercial.
Acolle importantes restos arqueolóxicos (petróglifos, castros, mámoas, restos romanos, salgas, portos tradicionais, igrexas, hórreos, pazos, muíños...