Illa da Arousa, A Costa
Litoral do concello da Illa da Arousa
O concello da Illa de Arousa ocupa a illa do mesmo nome, situada no interior da ría da Arousa. É a illa máis grande de Galiza (6 km de lonxitude e 7 km2 de superficie) e a máis poboada. Conta cuns 36 km de costa na que alternan as zonas rochosas, os seos, as praias e as dunas. Está unida a terra desde 1985 por unha ponte de 2 km de lonxitude. Foi o último concello de Galiza en constituírse, no ano 1997. Moitos dos areais da Ila de Arousa son ricos bancos marisqueiros.