Corcubión, A Costa
Litoral do concello de Corcubión
O concello de Corcubión ocupa unha pequena península na enseada de Fisterra. A súa costa vai desde o fondo da ría de Corcubión/Cee ata enseada de Estorde. O litoral de Corcubión é rochoso, elevado, irregular e recortado, sen máis praias nin espazo chan que onde se asenta a vila, onde tamén estaban os areais que na maior parte foron comestos polas infraestruturas viarias. Fora da vila só hai cantís de ata 50 m de altura nos que se alternan puntas e seos, ocupados por coídos.