Cangas, a costa
Litoral do concello de Cangas
O concello de Cangas está situado na península do Morrazo, entre as rías de Vigo e Aldán. O territorio é moi irregular e ten un grande tramo costeiro moi accidentado e diversificado, con numerosas praias, seos e altos cantís.
As principais actividades son a pesca, o marisqueo, os servizos e as industrias relacionadas co mar.