Bergondo, A Costa
Litoral do concello de Bergondo
Bergondo está situado na marxe esquerda da ría de Betanzos, e na beira do río Mandeo que forma un extenso esteiro de grande valor medioambiental. A costa ocupa o fondo da ría e está formada por extensos areais (praias de Gandarío, O Regueiro, A Cabana e O Pedrido) e cantís de escasa altura.