As algas
As algas (Protistas)
Características, bioloxía, tipos, exemplos, usos, importancia... As algas son vexetais unicelulares, ou pluricelulares coas células sen diferenciar (non forman tecidos), e nutrición autótrofa. Todas posúen clorofila, aínda que algunhas téñena enmascarada con pigmentos doutras cores. A maior parte viven na auga e absorben directamente dela o osíxeno e os nutrientes, aínda que tamén se poden atopar nos toros das árbores, apegadas ás pedras ou no chan. Todas elas precisan da auga para reproducírense.