Razas autóctonas galegas
Razas gandeiras e cans
Galiza conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas gandeiras adaptadas ás condicións ambientais do noso medio que constitúen ademais un patrimonio histórico e cultural do país: razas de vacún (rubia galega, limiá, caldelá, vianesa, frieiresa e cachena); cabalo, ovella e cabra galega; porco celta; galiña de Mos. Ademáis hai catro razas de cans (palleiro, pisco, podengo e perdigueiro).