Ruta Parque Natural Baixa Limia-Xurés: Corga da Fecha
Fervenza Corga da Fecha
Unha ruta no Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, no concello de Lobios, que combina arte e historia co ascenso á máis espectacular fervenza do Xurés.
O regato da Fecha, afluente do río Caldo pola dereita, cae en varios saltos cun total de 200 m de altura en rochas graníticas rodeadas de erbedos.
Nas proximidades están os restos da vila termal de Lobios.