Ruta: fervenzas da Ruxidoira (río Loio)
Río Loio en Paradela
Unha ruta entre Paradela e o río Miño seguindo o val do río Loio. Unha camiñada entre bosques de ribeira, carballeiras e soutos con elementos etnográficos (muíños) e elementos históricos (restos do mosteiro de Santa María de Loio).
O río Loio encáixase a partir de Paradela formando un profundo val no que hai varias fervenzas. As máis altas están no arranque da ruta, nas proximidades da vila.