Ruta: Río Lérez-Pontevedra-Bora
Polas beiras do Lérez en Pontevedra
Un ruta circular de Pontevedra ás pontes de Bora, aproveitando nunha gran parte do percorrido as Sendas do Lérez e completandoo polos carreiros de pescadores.
O Lérez está protexido como LIC nos últimos 20 km de percorrido, desde Santa María de Sacos a Pontevedra. As augas do Lérez teñen unha gran riqueza biolóxica e as súas ribeiras conservan unha vexetación de gran interese e en bo estado de conservación.