Ruta: Penafurada, río Pentes
Minas de Valgrande na Barxa
Case na raia fronteira entre Galiza e Portugal, no concello de A Gudiña, dentro dos lindes do LIC Pena Maseira, atópase esta curiosa obra, un furado no monte relacionado coa explotación do estano e o wolfram da mina de Valgrande que ten as bocas ao pé do río, que era obrigado pasar para chegar a elas. O furado, de entre 20 e 30 m de longo, desvía a corrente do río Pentes para permitir o acceso ás bocas da mina sen ter que pasar pola auga.