Ruta: Parque Natural Baixa Limia-Xurés: Río Nau
Unha ruta a pé polo Río Nau
Unha pequena ruta que segue o curso do río Nau ou Mau dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O río Nau nace nos montes de Santa Eufemia e baixa ao Limia no encoro do Lindoso. No seu curso hai numerosos rápidos e pequenos saltos rodeados dunha ben conservada vexetación de ribeira. Hai nove muíños, a maioría restaurados e algúns acollen unha interesante poboación de morcegos.