Cabeceiras do Miño entre Meira e A Pastoriza
As orixes do Miño están en todas as fontes das abas do oeste da serra de Meira, aínda que as máis coñecidas e emblemáticas de todas elas atópanse debaixo dunha curiosa agrupación de rochas coñecida como Pedregal de Irimia; pero tradicionalmente considerouse como fonte do río a surxencia de Fonmiñá, que se atopa varios quilómetros máis abaixo, no concello da Pastoriza, ao pé da que pasa un río Miño ben formado e que xa recibeu augas de varios afluentes. O curso alto do río Miño e os seus afluentes forma parte do espazo TERRAS DO MIÑO, declarado pola UNESCO Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.
Color: