Ruta: Fervenzas do Lor
Pincheiras do Lor e os seus afluentes
Unha ruta, case circular que percorre o río Lor e algúns dos seus afluentes, en especial o Louzara, en terreos dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel e Samos para coñecer varias fervenzas ou pincheiras:
-Eiriz, nun regato que cae no Lóuzara na estrada de Lousadela a Eiriz.
-Lousadela (Folgoso do Courel), nun rego que desemboca no río Lóuzara (Lor).
-A Casela, nun rego que desemboca no río do Muíño (afluente do Lóuzara).
-Cova da Fonte, en Santalla de Abaixo (Samos).
-Santalla de Abaixo, nun afluente Loúzara (Lor).
-Rego da Albardaira, a carón da estrada de Folgoso a Seoane
-Pincheira de Rexiu ou Rixio, nun regato afluente do Lor en Vilamor (Folgoso do Courel)..
-Lousada, no rego de Barxa, afluente do Lor entre Lousada (Pedrafita do Cebreiro) e Vilela (O Courel).
-Pozo da Grada, no río Pequeno, afluente do Lor, en Meiraos (O Courel).