Ruta: A Seimeira-Teixos de Busqueimado
Unha ruta en terras dos Oscos, de interese natural e etnográfico
Unha camiñada duns 10 km (ida e volta),para percorrer unha parte do curso alto do río Agüeira entre Pumares (ao pé de Santalla de Oscos) e a Seimeira, unha fervenza duns 30 m de caída que remata nunha poza na que é posible darse un baño, cun desvío a Busqueimado para achegarse a coñecer os teixos que medran ao pé da capela do lugar.