Ruta: Parque do Pasatempo
Un paseo por Betanzos
Unha visita ao antigo xardín do Pasatempo, o primeiro xardín e parque temático de Galiza, mandado construír polos irmáns García Naveira, naturais de Betanzos que fixeran fortuna na Arxentina. Un curioso e chamativo conxunto, enciclopédico-temático, de covas, pasadizos, estanques, fontes, unha gran terraza miradoiro, no que se inclúen representacións de seres, obxectos, lugares e algúns dos feitos e monumentos máis importantes e novidosos do mundo da época (finais do século XIX e comezos do XX).