Ruta: subida ao Montouto
Un cume na dorsal galega, entre a Serra do Faro e a Paradanta
Entre a Cañiza e Covelo e case á mesma distancia dos núcleos principais, atópase este cume polo que tamén pasa a divisoria entre os concellos. Un lugar para facer unha camiñada curta (uns 5 km ida e volta), doada, un traxecto en subida, dos 800 aos 940 m, que se pode facer a pé ou en bicicleta, para achegarnos a un fermoso punto panorámico con vistas de 360º, que abrangue unha grande parte do sur da provincia de Pontevedra.